Paseos en Canoa
Cientovolando é unha empresa de turismo activo que funciona durante os meses de verán. Con Cientovolando poderás realiza-lo descenso do Eo en canoa, poderás admira-la maravillosa Ría de Ribadeo coas súas espectaculares vistas, a súa flora e a súa fauna… sentir un rincón inolvidable e adentrarte en novas sensacións. As augas son tranquilas e as embarcacións anti-volco. Os horarios axústanse en función das mareas. .
Descripción da rota
- Duración: 3 horas e media.
- Dificultade: media-baixa.
- Recomendacións: roupa cómoda, roupa para despois da actividade, chanclas, crema solar.
Perfil do participante
- Non é preciso experiencia.
- De 6 anos en diente.
Estacionalidade
- Meses de verán.
Contacto
- Porto de Castropol
- Teléfono: 633366220
Escola de surf
Os cursos de surf distribúense para distintas idades e varios niveis, coa finalidade de ofrecer e ensinar ao alumno de forma completa o programa que combine tódalas fases para iniciarse a este deporte e evolucionar con toda seguridade.
Para o desenvolvemento das clases seguimos unhas pautas para que os alumnos aprendan coa máxima seguridade posible e que non ocorran accidentes. O ratio profesor-alumno ideal é de seis alumnos por cada profesor no nivel de iniciación.
Descripción da actividade
- Duración: 2 horas diarias.
- Dificultade: media-baixa.
Perfil do participante
- Non E precisa experiencia.
- De 6 anos en diante.
Tarifas
- Clases entre semana: luns a vernes, 2 horas diarias: 110 €.
- Clases fin de semana: 3 días, 2 horas diarias: 80 €.
- Clases fin de semana: 2 días, 2 horas diarias: 65 €.
Inclúe todo o material e seguro.
Contacto
- Web: www.holaola.com
- Teléfono: 982128424 / 981279301 / 982120064 / 609903211.
Wakeboard, wakesurf e esqui náutico
O wakeboard podemos dicir que é un cóctel de varios deportes como snowboard, skate, surf e esquí acuático. Consiste básicamente en desenvolver maniobras de todos estes deportes, pero sendo remolcados por unha embarcación e poidendo emprega-la estela da lancha para impulsarse e realizar piruetas aéreas.
O wakesurf é unha modalidade entre o surf e o wakeboard. Consiste en surfea-la ola provocada por un barco de exe para que non toque-la ola, e facelo sobre unha táboa máis curta que unha de surf. Éste deporte pódese practicar en augas manas tanto no mar como en lagos ou pantanos.
Descripción da actividade
- Duración: 15 minutos.
- Dificultade: media-baixa.
Perfil del participante
- Non é preciso experiencia.
Tarifas
- Tiradas de 15 minutos: 25 €.
- Aluger por horas: 100€ / hora, máximo 6 persoas.
Inclúe todo o material e seguro.
Contacto
- Web: www.holaola.com
- Teléfono: 982128424 / 981279301 / 982120064 / 609903211.
Banana acuática
Os amantes da adrenalina e a velocidade atoparon un lugar ideal para poder disfrutar, durante os meses máis calurosos do verán, dunha experiencia única e refrescante que se practica en grupos reducidos, o Banana Boat. O deporte que consiste en subir sobre o esquí bus – un hinchable en forma de banana – arrastrado por un barco a gran velocidade, é ideal para os máis atrevidos.
Descripción da actividade
- Duración: 30 minutos.
- Dificultade: baixa.
Perfil do participante
- Non é preciso experiencia.
Tarifas
- Tiradas de 30 minutos: 15 € / persoa (mínimo 4 persoas).
Inclúe todo o material e seguro.
Contacto
- Web: www.holaola.com
- Teléfono: 982128424 / 981279301 / 982120064 / 609903211.
Kitesurf
O kite surf é unha modalidade de navegación que se practica sobre unha táboa que é traccionada por unha cometa. Esta combinación permite alcanzar grandes velocidades sobre o agua e realizar espectaculares saltos. É un deporte que pese á súa curta historia (dende finaiss de 1970 ata a actualidade) evolucionou moitísimo. A causada súa espectacularidade difundiúse rápidamente.
Para iniciarse no kitesurfing non é precisa unha forma física especial. Sen embargo, sí que é imprescindible coñece-los seus principios básicos. O kitesurf non é unha actividade perigosa, pero debido ás forzas coas que estamos xogando, nunca debe realizarse unha aprendizaxe autodidacta.
Descripción da actividad
- Duración: 2 a 3 horas diarias.
- Dificultade: tódolos niveles.
Perfil do participante
- Non é precisa experiencia.
Tarifas
Nivel 1 – curso iniciación = 150 euros
Iniciación ao kite surf (2 días) de 2 horas a 3 horas diarias.
Este curso está destinado a aqueles que se inician no kite surf. Aprenderás todo o preciso sobre seguridade, zonas de práctica, material e a súa montaxe, control sobre o kite, autonomía pola túa propia conta para seguir progresando de forma máis segura. Realización en terra coa finalidade de familiarizarnos co material e ir adquirindo control e así seguir progresando con total seguridade.
Información do Curso:
- Zonas de Práctica
- Normas de seguridade (Seguridade pasiva)
- Meteoroloxía
- Ventá de Vento
- Descripción teórica do material
- Montaxe do material e sistemas de seguridade (Seguridade activa)
- Manexo do kite en terra, despegue e aterrizaxe do kite
- Posturas a adoitar
- Control
Nivel 2 – curso de bautismo = 220 euros
Bautismo do kite surf (3 días) de 2 horas a 3 horas diarias.
Indicado para aqueles que buscan novas sensacións, que queren ir un pouco máis alá e síntense con gañas de entrar no agua.
Información Curso (Tódala materia do nivel 1 +):
- Control a unha man
- Disociación táboa/kite
- Sinais internacionaiss de comunicación (subir o kite, baixalo, solta-la barra)
- Primer contacto co agua
- Manexo do kite en agua, relanzamento
- Manexo do kite en agua, Bodydrag Downwind (a favor do vento)
- Bodydrag Upwind (contra o vento)
Nivel 3 – curso de perfeccionamento (Curso Completo) = 290 euros
Perfeccionamento de kite surf (4 días) de 2 a 3 horas diarias.
Se realmente o kite surf enganchoute, este é o teu curso. Aprenderás tódolo preciso para poder navegar con independencia e seguridade.
Información Curso (Tódala materia do nivel 1 / nivel 2 +):
- Técnica de colocación da táboa (Steady Pull)
- Maniobra de “Water Stand”
- Saída ao planeo
- Preferencias (entrada e saída do agua)
- Navegación e rumbos
- Autonomía e compañeirismo
Contacto
- Web: www.holaola.com
- Teléfono: 982128424 / 981279301 / 982120064 / 609903211.
Pesca Recreativa
A ría de Ribadeo é, sin dúbida, un dos estuarios máis pintorescos do Cantábrico, así como o mellor escenario para practica-la pesca deportiva dende embarcación, tanto pola súa abundancia de pesca como polo tamaño e a calidade dos seus exemprares, que convertirán os nosos días de pesca en días inesquecibles
Técnicas (modalidades)
Spinning
Trátase dunha das modalidades de pesca máis deportiva, técnica e prolífera para a captura de robaliza na ría de Ribadeo, tanto empregando reclamos de profundidade, de superficie ou vinilos brandos. As condicións da ría fan que este estilo de pesca se poida realizar durante todo o ano, sendo a primavera e o verán a época en que as robalizas adoitan aceptar mellor este tipo de reclamos.
Fondo
Utilizando esta modalidade de pesca conseguiremos as capturas máis abundantes e as de maior tamaño das nosas xornadas, capturando todo tipo de especies que habitan a ría como douradas, robalizas, sargos, panchos, pragos, salmonetes… Sen dúbida, teremos xornadas moi atractivas e non aptas para cardíacos.
Cacea o Curricán
Poñendo as nosas canas nos cañeros e facendo navegar os nosos reclamos artificiais conseguiremos boas pescatas de cabalas, xurelos e robalizas gozando da pesca, a navegación e a paisaxe nunha mesma xornada.
Descripción da rota
- Dificultade: media-baixa.
Perfil do participante
- Non é preciso experiencia.
Contacto
- Porto deportivo Porcillán
- Teléfono: 657946931
- Web: www.aflote.com
Comments are closed.